O bo destes tempos é que os robots, o seu deseño e construción, deixaron de estar ao alcance duns poucos. Agora, non hai dúbida, existen tecnoloxías, comunidades e movementos sociotecnolóxicos (por exemplo o movemento Maker) que nos permiten botar abaixo as barreiras que nos separan do que, en tempos, era pouco máis que ciencia ficción. Por se isto fose pouco, tamén hai certames onde o futuro faise presente e aléntase abertamente á creatividade tecnolóxica. Por exemplo a Competición de Robots da Escola de Enxeñería Industrial (UVigo) que se celebra o 4 de maio, convocando a estudantes de ensino secundario e superior da nosa terra. No certame, que vai pola súa cuarta edición, convidarase aos participantes a dar forma aos seus propios robots. O 4 de maio, os seus enxeños veranse as “caras”.
Fonte: codigocero.com