Participa na enquisa profesional dos Enxeñeiros de Telecomunicación!

Co obxecto de elaborar un mapa preciso da situación laboral e profesional dos enxeñeiros de telecomunicación, o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia colaboran co Colexio e a Asociación a nivel nacional, na difusión dunha enquisa para coñecer con exactitude o grao de formación, o desenvolvemento profesional e as expectativas laborais dos enxeñeiros de telecomunicación, e en particular, dos enxeñeiros galegos.

Consideramos que é moi importante contar cunha análise exhaustiva da situación da profesión para poñer en marcha cantas iniciativas beneficien ao conxunto de profesionais que representamos e poder desenvolver accións específicas que respondan ás necesidades reais do colectivo.

Máis información

escudo.gif