Participa no Plan Avanza Formación 2011/2012

A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG), participa un ano máis no proxecto formativo do plan Avanza Formación 2011/2012 presentado ante o Ministerio de Industria, dirixido á formación de profesionais para as redes de Innovación de Comercio Electrónico. O proxecto está destinado á formación no sector das telecomunicacións e da sociedade da información. Ao finalizar cada curso os alumnos obteñen coñecementos específicos sobre a materia escollida, avalados por unha acreditación homologada polo Ministerio de Industria e certificada polas principais compañías participantes: Cisco Systems, Microsoft, SAP, Siemens, Oracle, ...

Descarga a programación dos cursos no seguinte enlace

Os cursos son impartidos por persoal especializado. A modalidade on-line permite seguir as clases en directo nun horario establecido, habendo ademais un procedemento asíncrono de forma que o alumno pode seguir as clases a calquera hora e ten acceso aos laboratorios de prácticas as 24 horas do día. Cada competencia está formada por un mínimo de 2 módulos de 60 horas de clase + 60 horas de prácticas cada un. Unha vez finalizada a competencia, existe a posibilidade de acceder ao exame de certificación correspondente.

Este plan formativo está dirixido a traballadores de Pemes e Autónomos e o seu custe está subvencionado en gran parte polo Ministerio de Industria, contando ademais coa posibilidade de recuperar a parte non subvencionada a traveso da Fundación Tripartita.

Para máis información contacta con nós no teléfono 981.919.300 ou no mail administracion@coetg.es

plan_avanza_0.png