Participa no sorteo de bolsas en formación con Galicia Business School

De interese para asociad@s/colexiad@s

En virtude do convenio de colaboración que mantemos coa escola de negocios Galicia Business School, lanzamos un sorteo de catro bolsas desconto do 40% nos programas formativos que oferta este centro para profesionais e que se relacionan no documento anexo. Os programas pódense cursar en modalidade de presencial ou dixital en tempo real.

Os asociad@s/colexiad@s interesados en participar no sorteo, deberán realizar a súa inscrición a través do seguinte formulario que estará dispoñible ata o 5 de maio. Finalizado este prazo comunicarase o fallo do sorteo e os catro gañadores disporán de 48 horas para aceptar a bolsa.

Formulario de inscrición ao sorteo

Oferta formativa dispoñible no sorteo

Con independencia do resultado do sorteo, as persoas interesadas poderán beneficiarse dun desconto especial en todos os programas abertos de Galicia Business School.

Para resolver calquera dúbida sobre os programas formativos ou a mecánica do sorteo, pódese contactar directamente con info@galiciabusinessschool.es ou no 886 317 146.

AETG (2).jpg