Participa no Torneo de Golf CGES!

De interese para colexiados

O Consello Galego de Enxeñerías (CGES) organiza o Torneo de Golf ‘CGES Mutuactivos Auren Calvo Joyeros Brigantia Real Estate. Esta cita deportiva, aberta a todos os enxeñeiros dos distintos Colexios que compoñen o CGES, entre os que se atopa o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, terá lugar o vindeiro sábado 19 de outubro nas instalacións do Real Club de Golf da Coruña.

O torneo disputarase baixo a modalidade de 18 foxos stableford individual, para maiores de 21 anos. A participación disporá dun paquete de benvida (bólas, gorra de Mutua Open, arranxa piques e bolsa de tees), un servizo de catering no foxo 10, carpa lúdica ao final do percorrido e un cóctel de entrega de premios. O prazo para inscribirse está aberto ata o día 11 de outubro. Máis información no teléfono 981919300.

torneo-golf-cges-2019.jpg

golf-cges-2019.jpg