De interese para asociados
A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia forma parte do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 promovido pola Amtega, en calidade de Aliado Dixital. Esta adhesión recolle varias liñas de actuación relacionadas cos servizos e recursos de inclusión dixital, que inclúen o desenvolvemento de actividades de formación de Capacitación Dixital e Innovación Social Dixital, a difusión e sensibilización de produtos e servizos e novas tendencias tecnolóxicas así como o deseño, liderado e desenvolvemento de proxectos e iniciativas de Inclusión Dixital.
Os enxeñeiros de telecomunicación asociados poden participar nesta iniciativa formando parte deste proxecto como aliados dixitais xunto coa AETG, participando con carácter voluntario nas diferentes actuacións que se desenvolverán no marco das liñas de actuación antes mencionadas.
Os interesados en participar e recibir información sobre as actuacións concretas de colaboración que iremos promovendo, deberán enviar un correo a comunicacion@aetg.gal indicando o nome, teléfono e correo electrónico.