Participación do COETG na xuntanza de arranque do proxecto #Escoita

Hoxe tivo lugar no Palacio Municipal da Coruña a presentacióne primeira xuntanza de traballo do proxecto #Escoita, no que participamos xunto co resto de entidades implicadas, a través do que se dará solución ás persoas con discapacidade visual na cobertura de eventos deportivos mediante a utilización de tecnoloxías radio sen retardo. A iniciativa conta co respaldo do Concello da Coruña, o Real Club Deportivo da Coruña, a Fundación ONCE, a Universidade da Coruña e varios medios de Comunicación, todos eles implicados no proxecto, ademais do propio COETG, representado polo decano Julio Sánchez Agrelo e o vogal da xunta de goberno, Javier Fernández Fraga.

20190927 mesa trabajo Escoita.jpeg