Representando ao COETG, o vogal Javier Fernández Fraga participou o pasado 14 de abril no encontro celebrado no Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia, no que o director xeral de PuntoGal, Dario Janeiro, presentou os responsables de seguridade de AMTEGA, Adrián Lence e Gustavo Herva, ao responsable de paticipación da Global Cyber Alliance, Alejandro Fernández-Cernuda e á responsable de comunicación estratéxica, Marina Calvo. PuntoGal, que leva case dous anos colaborando coa Global Cyber Alliance e que leva xa adaptadas ao galego dúas da súas caixas de ferramentas específicas, para PeMEs e para xornalistas, promove deste xeito a participación internacional no nodo ciber.gal, do que forma parte activa desde a súa creación.
O encontro estivo enfocado nas posibilidades de colaboración entre as entidades para promover unha rede máis segura e fiable para usuarios, administracións públicas e empresas en Galicia, a través do uso de ferramentas, posta en marcha de programas de alfabetización dixital e promoción de boas prácticas.