Participación do COETG no @PonteWordCamp xunto coa Asociación PuntoGal

Esta fin de semana celebrouse o WordCamp Pontevedra no que participamos xunto coa Asociación PuntoGal, un evento cun intenso programa cheo de conferencias, talleres, stands, concursos, mesas de traballo e networking, no que os asistentes aprenderon e compartiron experiencias sobre temas relacionados co sistema de xestión de contidos Wordpress.

Compartimos stand coa asociación PuntoGal -á que apoiamos permanentemente na promoción do dominio .gal- no que demos a coñecer a labor do COETG/AETG e sobre todo, dos enxeñeiros de telecomunicación, tan presentes nesta área de traballo.

WordCampPont.jpg

WordCampPontgrupo.jpg