Participamos no Culturgal, a feira da actividade cultural en Galicia, xunto coa Asociación PuntoGal

O COETG e a AETG participan por primeira vez na Feira das Industrias Culturais, Culturgal, que se celebra entre os días 29 de novembro e 1 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Ésta é unha máis das múltiples iniciativas que estamos desenvolvendo froito do acordo de colaboración coa Asociación PuntoGal. Compartiremos stand con PuntoGal para ofrecer aos asistentes unha actividade dirixida á achegar as novas tecnoloxías aos máis novos consistente na montaxe dun equipo de Realidade Virtual sobre a historia das telecomunicacións e a profesión do enxeñeiro de telecomunicación. Este equipo de Realidade Virtual ofrecerá ao usuario unha experiencia inmersiva que permite interactuar en diferentes fitos históricos nos cales as telecomunicacións xogaron un papel moi importante.

Estaremos no stand número 53 para ofrecer calquera tipo de información relacionada coas actividades propias do Colexio e a Asociación, dirixidas á concieciación dos beneficios do uso da tecnoloxía para a mellora da calidade de vida das persoas.

Máis información

DSC3955.jpg