Política de Privacidade e Protección de Datos

Nesta Sección exponse a Política de Privacidade e Protección de Datos que a ASOCIACIÓN DE ENXEÑEIROS DE TELECOMUNICACIÓN GALICIA (AETG) pon a disposición dos interesados. A AETG atendendo ao principio de responsabilidad activa, ten o compromiso de velar pola privacidade dos datos persoais obtidos a través do portal corporativo, garantizando e protexendo os datos dos usuarios web da mesma forma que a información obtida por calquera outro medio.

A AETG na súa condición de responsable do tratamento, infórmalle que, aínda que por visitar a presente web non implica proporcionar ningún tipo de dato persoal, establécese a presente política de privacidade para que o usuario poida determinar libre e voluntariamente a posibilidade de proporcionalos, que terá que ser aceptada polo usuario sempre que acceda a algún formulario que lle solicite datos persoais.

A Política de Privacidade da AETG está presidida polo cumprimento da lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal:REGULAMENTO (UE) 2016/679 DO PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLO de 27 de abril de 2016 (en diante, RGPD), pola Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantías dos Dereitos Dixitais, e pola Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico (LSSO-CE).

Neste senso, infórmase que os datos persoais serán tratados de conformidade cos principios de transparencia, limitación da finalidade, minimización de datos, exactitude, integridade e confidencialidade, así como respetando o resto das obrigas e garantías establecidas no RGPD. Do mesmo xeito, tamén se tratará de forma confidencial calquera outro tipo de información á que poida ter acceso a AETG no desempeño dos servizos prestados.

1. Quen é o responsable do tratamento dos seus datos?

ASOCIACIÓN DE ENXEÑEIROS DE TELECOMUNICACIÓN DE GALICIA (AETG)
Domicilio social: EE de Telecomunicación. Lagoas Marcosende, s/n 36310 de Vigo (Pontevedra)
C.I.F: G36771392
Teléfono: 986465234
Enderezo electrónico: administracion@aetg.gal

Para obter información adicional, ou para calquera outra cuestión relativa á presente Política de Privacidade con relación ao tratamento dos seus datos, non dubide en poñerse en contacto coa Asociación a través da seguinte dirección de correo electrónico administracion@aetg.gal ou por correo postal na dirección Rúa Juana de Vega, 4 1ºI 15003 A Coruña.

2. Con que finalidade tratamos os seus datos?

A AETG infórmalle que os datos de carácter persoal porporcionados mediante o cumprimento dos formularios contidos no portal, das consultas remitidas por email referentes aos servizos ofrecidos e contacto, así como aqueles datos aos que a AETG acceda como consecuencia da súa navegación, son obxecto de actividades do tratamento da súa titularidade.

En cumprimento do principio de transparencia, a continuación, infórmase dos tratamentos de datos realizados pola AETG xunto a súa finalidade:

  • Tratamento de asociados: A finalidade do tratamento de datos é a xestión de asociados da AETG para o cumprimento das súas funcións estatutarias, incluída a promoción e a publicidade corporativa.
  • Tratamento de estudiantes asociados: A finalidade do tratamento de datos é a xestión da relación asociativa coa AETG para cumprimento das súas función estatutarias, incluída a promoción e publicidade corporativa.
  • Tratamento de colaboradores e contactos: A finalidade do tratamento de datos é a xestión de colaboradores e contactos da AETG para contactar cos mesmos e poder realizar comunicacións de invitacións a eventos de interés profesional e envío de publicacións corporativas.
  • Tratamento de premios: A finalidade do tratamento de datos é a xestión administrativa de participantes que optan aos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información.
  • Tratamento de eventos: Xestión dos asistentes as actividades que organiza a Asociación.
  • Tratamento de formación: Xestión dos asistentes a accións formativas (charlas, cursos) e gravación dos webminarios.
  • Tratamento de contacto: Comunicación, información e xestión sobre as actividades da Asociación.
  • Tratamento de curriculums: Xestión de candidatos a empregados así coma a xestión da bolsa de emprego.
  • Tratamento de Patrocinadores, Colaboradores e Organizadores. Xestión dos datos de patrocinadores, organizadores e colaboradores de eventos culturais e formativos de esparcimento e difusión da actividade asociativa.
  • Tratamento de usuarios web: Xestión de altas, baixas e claves de acceso dos usuarios a web. Xestión da administración do usuario na web.
  • Tratamento de audiovisuais: Xestión audiovisual. Inclúe imaxes (foto/vídeo) e son (voz) de persoas.

3. Cal é a orixe dos seus datos?

Como regra xeral, os datos tratados na AETG foron facilitados polo propio interesado ou facilitados polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG), o Colegio Oficial de Ingenieros de Telecomunicación (COIT) ou a Asociación Española de Ingenieros de Telecomunicación (AEIT).

No suposto de facilitar datos de terceiras persoas comprométese a informar previamente a estas persoas da intención de comunicar os seus datos á AETG e a obter en caso necesario o seu consentimento previo, expreso e por escrito para dito tratamento de datos e calquera das finalidades para as que se fosen a tratar.

O usuario deberá encher os formularios con datos verdadeiros, exactos, completos e actualizados, sendo informado nese mesmo momento de aqueles datos de obrigado cumprimento e as súas consecuencias en caso de non facelo. Así mesmo, coa aceptación, recoñece que a información e os datos persoais recadados son exactos e veraces.

4. Cal é a base legal do tratamento dos seus datos?

Para o colectivo e estudiantes asociados, a base legal do tratamento dos seus datos ampárase na relación asociativa/pre-asociativa subscrita e no interese lexítimo da AETG.

Para os datos de contacto a base legal ampárase no interese mostrado ou consentimento ao contactar coa AETG.

A base legal para remitir comunicacións promocionais de servizos e actividades asociativas dirixida aos asociados e estudantes asociados ampárase no interese lexítimo da AETG.

O interese lexítimo constitúe unha base leximitadora do tratamento, sempre que dito interese en tratar os datos para a finalidade indicada atópese dentro das súas expectativas razoables baseadas na relación que mantén coa AETG.

Para o resto de tratamentos baseámonos no consentimento explícito ou cumprimento legal.

Por tanto, debe ser consciente que as comunicacións promocionais de servizos e actividades asociativas dirixida aos asociados e estudantes asociados ampáranse no interese lexítimo da organización. Non obstante, pode opoñerse en calquera momento a recibir este tipo de información, remitindo un correo electrónico a administracion@aetg.gal sen que esta oposición condicione, en forma algunha, a súa relación asociativa coa AETG.

Ademais, a AETG establece mecanismos mediante os cales pode desactivar de xeito sencillo e gratuíto os servizos de comunicacións electrónicas, seguindo as instrucións que se indican nos correos electrónicos.

5. Que datos seus podemos tratar?

Os tipos de datos persoais que utilizamos nestes tratamentos son os proporcionados polo interesado nos diferentes formularios web e correos electrónicos remitidos ou facilitados polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG), o Colegio Oficial de Ingenieros de Telecomunicación (COIT) ou a Asociación Española de Ingenieros de Telecomunicación (AEIT); ademais dos xerados posteriormente durante a súa relación coa AETG.

Neste senso, é necesario diferenciar os tipos de colectivos tratados:

Para os asociados, os datos recabados no proceso telemático de asociación son os seguintes:

  • Datos identificativos e de contacto para envío de notificacións.
  • Datos relativos a súa titulación.
  • Datos referentes a súa situación que lle permiten unha redución na súa cota asociativa.
  • Datos bancarios.

Para os estudantes asociados os datos recabados no formulario de inscrición como estudante asociado son os seguintes:

  • Datos identificativos e de contacto.
  • Datos académicos.

Para contactos e colaboradores recabamos datos identificativos, de contacto, e no seu caso, datos de detalle de emprego.

Podemos tratar datos de imaxe (fotografía e vídeo) recollidos tanto nos eventos/actividades coma nas actuacións formativas (webminarios).

6. Cal é o prazo de conservación dos datos?

En cumprimento do principio de limitación do prazo de conservación, os datos recabados pola AETG son tratados durante o tempo necesario e para as finalidades concretas para as que se recolleron.

Por todo o anterior e termos xenéricos, a AETG conservará os seus datos mentres dure a relación coa Corporación, e con posterioridade ao efecto de cumprir coas obrigas legais e as responsabilidades derivadas de dito tratamento en función da normativa aplicable. Finalizados ditos prazos de prescripción, os datos serán eliminados.

No caso de colaboradores e contactos, os datos serán conservados ata que se solicite a cancelación.

Por outra parte, respecto ao tratamento de datos con fins promocionais, conservaremos os datos ata non recibir oposición en contra.

7. Destinatarios dos datos

Con carácter xeral informámoslle que, salvo que a cesión dos seus datos fose necesaria para o mantenemento da súa relación coa AETG, así como nos caos previstos pola normativa vixente en cada momento, no tratamento dos datos que realizamos, non compartimos os seus datos con ningunha entidade e/ou persoa.

Por outra banda, aínda que non implican cesións de datos, para as diferentes actuacións relativas aos tratamentos, a AETG contrata con provedores para que nos presten determinados servizos, e que poden necesitar acceder á súa información. Con todo, estes provedores xestionan os datos co único obxectivo de prestarnos o servizo contratado, seguindo as nosas instrucións e sen que poidan destinalos para ningunha outra finalidade.

8. Seguridade e confidencialidade no tratamento dos datos

Na AETG existe o compromiso de garantir a seguridade e a confidencialidade no tratamento dos datos, implantando as medidas técnicas e organizativas adecuadas en función ao nivel de risco que dos devanditos tratamentos pódese derivar para os dereitos e liberdades das persoas cuxos datos se tratan.

Á implementación das medidas de seguridade necesarias (mellora continua para garantir un tratamento seguro dos datos) súmase un proceso posterior de verificación, avaliación e avaliación regular da eficacia destas medidas.

A confidencialidade máxima no tratamento de datos persoais considérase unha obriga inevitable por parte do persoal da AETG, comprometéndonos ao segredo en calquera fase do seu tratamento, de acordo co establecido na lexislación aplicable.

9. Cales son os dereitos en relación co procesamento de datos?

A continuación, identificamos os dereitos relativos aos datos persoais: información, acceso, rectificación e eliminación, limitación do tratamento, oposición e portabilidade.

Hai dereito a non ser obxecto de decisións individualizadas (incluído o perfilado), pero non se aplica á AETG.

Informámoslle que ten dereito a retirar o consentimento outorgado nalgunha finalidade especifica, así coma a presentar unha reclamación ante calquera autoridade de control.

Como pode exercer algún dos dereitos anteriores?

Para exercer calquera destes dereitos, pode poñerse en contacto coa AETG no enderezo Rúa Juana de Vega, 4 1ºI 15003 A Coruña ou por correo electrónico: administracion@aetg.gal. En ambos os casos, a identidade deberá acreditarse acompañando unha fotocopia do DNI para verificar que só contestamos ao interesado.

10. A túa cooperación é importante

Consideramos que toda a información subministrada é certa e veraz, e infórmase ao interesado da obriga de notificar á AETG calquera modificación da mesma que poida ocorrer para manter os seus datos permanentemente actualizados. Neste sentido, habilitouse un servizo de actualización de datos exclusivamente para membros e pre-membros na propia páxina web (área privada).

11. Modificación da política de privacidade

A AETG resérvase o dereito de modificar a súa Política de privacidade, segundo os seus propios criterios, ou motivada por un cambio doutrinal do Comité Europeo de Protección de Datos (CEPD) ou da autoridade nacional de control (Axencia Española de Protección de Datos), lexislativa ou xurisprudencial. Calquera modificación da política de privacidade publicarase polo menos dez días antes da súa aplicación efectiva. O uso da web despois destes cambios implicará a aceptación dos mesmos.