Posta en marcha do Plan de Emprego Activo do COETG

Dende o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia traballamos coa finalidade de contribuír ao desenvolvemento do sector TIC, con este fin poñemos en marcha o “Plan de Emprego Activo”, un servizo integral e exclusivo do COETG, dirixido aos enxeñeiros de telecomunicación para a procura ou mellora de emprego e ás empresas para facilitar a busca de profesionais do sector das telecomunicacións e da sociedade da información.

Conscientes das particularidades do sector TIC, caracterizado por unha elevada especialización e altos niveis de cualificación profesional, dende o COETG poñemos ao servizo das empresas e dos enxeñeiros de telecomunicación unha nova ferramenta coa que pretendemos servir de enlace entre a oferta laboral das empresas e entidades e os enxeñeiros de telecomunicación que se atopen en situación de busca ou mellora de emprego.

Para participar nesta iniciativa accede ao Plan de Emprego Activo