Presentación da Estratexia da Coruña no ámbito da Sociedade da Información

Hoxe día 6 de xuño tivo lugar na cidade da Coruña a presentación sobre a Axenda Dixital da Coruña, o novo plan director da sociedade da Información e a Comunicación da cidade, que está enmarcado dentro do Plan Estratéxico da Coruña: Coruña Futura.

O concello da Coruña anuncia como un dos programas vertebradores desta Axenda Dixital o programa Smart Coruña, fruto do convenio entre a administración municipal e o Ministerio de Economía e Competitividade. Este proxecto conta co período de execución 2012-2013 e cun importe global de 11,5 millóns de euros, cofinanciado ao 70% polo Fondo Europeo de Desarrollo Rexional (FEDER).

Desenvolveranse así pilotos tecnolóxicos destinados á mellora dos servizos públicos no ámbito da sustentabilidade, a eficiencia e o benestar cidadán. Medio Ambiente, Enerxía, Mobilidade Urbana, Sanidade e Seguridade, Turismo e Lecer, e Administración Electrónica serán algún dos eixos nos que o programa Smart Coruña actuará co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos cidadáns e da contorna económica e empresarial desde a innovación tecnolóxica.

logo.png