Presentación das axudas financeiras para a creación e consolidación de empresas innovadoras

O xoves día 12 de xullo ás 12 horas celébrase a xornada de traballo de presentación das axudas financeiras da Xunta de Galicia para a creación e consolidación de empresas innovadoras, no Museo Pedagóxico de Galicia en Santiago de Compostela.

Esta xornada consistirá na exposición e explicación polo miúdo dos distintos programas e liñas de apoio financeiro tanto do IGAPE como de XES GALICIA, resaltando os apoios á internacionalización do IGAPE E os FONDOS XES INNOVA e FONDO I2C. Tratarase tamén de identificar e captar proxectos innovadores que necesiten de inversión para o seu desenvolvemento, que encaixen nas liñas de apoio do IGAPE e/ou de XES GALICIA.

Máis información