O 9 de setembro tivo lugar a presentación do II Torneo CGES de Golf no novo Club de Golf de Xaz en Oleiros. O torneo, que terá lugar o 18 de setembro, é organizado polo Consello Galego de Enxeñerías (CGES), do que o COETG forma parte, e nel participarán un total de 170 xogadores entre os que se atopan algún dos nosos compañeiros enxeñeiros de telecomunicación.
A presentación do Torneo correu a cargo do presidente do CGES, Oriol Sarmiento que estivo acompañado polo vicepresidente do CGES, Enrique Urcola e representantes dos colexios integrantes do CGES e das empresas patrocinadoras.