Presentamos xunto co CGES unha batería de propostas ao vicepresidente da Xunta para impulsar a recuperación económica de Galicia

Hai tan só uns días, Julio Sánchez Agrelo, decano do COETG xunto con Enrique Urcola, decano do Colexio de Enxeñeiros de Camiños e José Joaquín Troya, decano dos Enxeñeiros Navais, ámbolos tres en representación do Consello Galego de Enxeñerías, mantiveron unha reunión con Francisco Conde, vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, para sentar as bases dunha colaboración que impulse a recuperación económica de Galicia trala crise da Covid-19.

Nesta reunión, os membros do CGES trasladaron unha batería de propostas de cara a mellorar a eficiencia da relación dos profesionais da enxeñería e da administración e de impulsar proxectos innovadores e con futuro para Galicia. O CGES aglutinou en 12 áreas temáticas un total de 121 propostas que recollen as prioridades e oportunidades que establecen as liñas a seguir para conseguir un futuro sostible en Galicia.

Entre estas medidas destacan a dotación de recursos económicos para a investigación; a promoción da colaboración entre empresas e administracións; o fomento da incorporación dos enxeñeiros ao mercado laboral; os esforzos por acadar un novo modelo enerxético de cero emisións; a potenciación do uso de enerxías limpas; a habilitación de investimentos públicos en infraestructuras, entre moitas outras iniciativas relacionadas con economía, emprendemento, transporte e mobilidade, economía do coñecemento, industria 4.0., sociedade dixital ou construción. “O vicepresidente acolleu con moito agrado as nosas iniciativas e a nosa oferta para colaborar cos axentes implicados na recuperación económica desta crise”, sinalou o noso decano en declaracións posteriores ao encontro.

O conselleiro de Economía invitou aos representantes do Consello Galego de Enxeñerías a visitar o IGAPE para profundizar en futuros proxectos de colaboración, xa que é o organismo que canaliza prácticamente todas as axudas e subvencións do sector económico da comunidade.

Foto2.jpg

Foto1.jpg