O Hospital Quirón A Coruña puxo en marcha o proxecto Holos, unha habitación intelixente coa que é posible sensorizar e monitorizar as constantes vitais do paciente de forma remota, xerando alarmas clínicas intelixentes ante situacións de risco, que permiten ao persoal sanitario tomar decisións de forma máis rápida, ao contar con información do estado do paciente de forma automática (frecuencia respiratoria, frecuencia cardíaca, axitación durante o soño, posibles caídas, temperatura e humidade na habitación). Todos estes sistemas facilitan información sobre o nivel de dor e de descanso durante o soño.
Fonte: sanidadprivada.publicacionmedica.com