Onte día 6 de outubro publicamos na sección Mercados de La Voz de Galicia un novo artigo de carácter divulgativo, escrito nesta ocasión polo decano/presidente do COETG/AETG, Julio Sánchez Agrelo.
A computación cuántica supón un gran desafío científico, será unha revolución no aumento da capacidade de procesado dos computadores. A supremacía cuántica é algo que non somos capaces de imaxinar: simular o comportamento molecular da materia permitirá desenvolver novos materiais, novos fármacos, etc., pero haberá que superar o reto de suprimir o ruído cuántico, que ameaza con deter toda esta capacidade de cálculo. Accede á publicación.