Retransmisión on-line da xornada "Retos da Internet das Cousas"

Hoxe o Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicación retransmite on-line para os seus colexiados unha xornada informativa sobre a Internet das Cousas baixo o lema "Retos da Internet das Cousas" co obxevtivo de plantearse e analizar os retos máis importantes para que realmente este novo paradigma sea unha realidade canto antes.

Esta xornada, que pretende abarcar dúas áreas temáticas nunha mesma xornada, como son o Impacto da Internet das Cousas na Sociedade e os aspectos máis tecnolóxicos da Internet das Cousas, comezará as 09:00 horas da mañá e rematará as 19:10 horas da tarde.

Así, na xornada da mañá, que baixo a denominación de "Impacto da Internet das Cousas na Sociedade" e con formato de conferencia ou de mesa redonda, desenvolveranse temas como o impacto da Internet das Cousas nas persoas, nos negocios, estado e evolución das telecomunicacións para o Internet das Cousas ou a seguridade e privacidade no Internet das Cousas.

Mentres que a xornada de tarde consistirá nunha mesa redonda e agrupará os aspectos máis tecnolóxicos do Internet das Cousas, desenvolvendo temáticas como o estado actual das tecnoloxías asociadas ao Internet das Cousas, a Interoperabilidade e estandarización do Internet das Cousas ou as Redes de sensores.

Para máis información accede ao Programa

Accede á retransmisión en directo

internt_de_las_cosas_pagina_2.jpg