Segunda edición de CyberSecGal, foro galego sobre Ciberseguridade

O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia co-organiza a II edición do CyberSec@GAL, o foro galego sobre ciberseguridade promovido pola Cátedra R en Ciberseguridade, que terá lugar do 2 ao 5 de novembro de 2020. A xornada principal desenvolverase de forma semipresencial o xoves día 5 de novembro baixo o título “Riscos no teletraballo” e está dirixida ao ecosistema empresarial galego, contando coa participación de expertos internacionais nunha mesa redonda específica nesta temática. Compartirán a súa experiencia profesional representantes da administración e da empresa privada.

Información e inscrición gratuíta para colexiados no seguinte enlace CyberSec@GAL

Nas dúas primeiras xornadas celebraranse talleres en liña destinados a estudantes do SUG (Sistema Universitario Galego) e Formación Profesional co obxecto de captar talento en ciberseguridade. A terceira xornada orientarase a un perfil máis específico, cunha charla e o lanzamento dun ciber-Reto online para nup e prol coa posibilidade de conseguir un premio entre os participantes.

Ao longo das diferentes xornadas presentarase tamén o nodo CIBER.GAL da Amtega e o Capítulo Galego de ISMS Forum, e por último farase entrega dos premios de CyberSec@GAL aos mellores traballos académicos a nivel Grao, Máster e Doutoramento na área da ciberseguridade e no ámbito do SUG. O foro celebrarase a través da plataforma da Universidade de Vigo.

R-catedra-ciberseguridad-GAL.jpg

R-catedra-ciberseguridad-GAL.jpg