Seis de cada dez empresas tecnolóxicas desenvolven medidas de responsabilidade social empresarial

En Galicia, 7 de cada 10 empresas TIC coñecen o termo “Responsabilidade Social Empresarial” (RSE), e 6 de cada 10 teñen implantado actuacións de RSE no seu funcionamento diario. Así se desprende do informe “A Responsabilidade Social Empresarial das Empresas TIC de Galicia. Edición 2016”, elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Fonte: amtega.xunta.gal

Ver nova