Seminario internacional sobre comunicacións por satélite e mobilidade

O vindeiro día 15 de xuño, terá lugar no CITEXVI (Campus Universitario de Vigo) o Seminario internacional sobre Comunicacións por Satélite e Mobilidade, ao cal poderán asistir os colexiados e asociados que o desexen, grazas á invitación recibida de Gradiant que o COETG fai extensiva ao colectivo.

Durante a xornada analizarase o futuro das comunicacións por satélite no contexto das comunicacións móbiles, dende a perspectiva da industria. Participarán actores industriais do campo das comunicacións móbiles e do satélite como Hispasat, Abertis Telecom, Thales Alenia Space Spain ou Alcatel-Lucent. Estas empresas ofrecerán a súa visión de negocio, do papel que o satélite está chamado a representar na nova era de servizos móbiles en Europa.

Descargar axenda do seminario

Para inscribirse deberase enviar un mail cos datos personais a liftgate@gradiant.org