“Smart cities e conectividade”, unha aposta do COETG e AMETIC GALICIA polo futuro das TIC

Hoxe tivo lugar a xornada “Smart Cities e conectividade” organizada polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) e o Consello Territorial de AMETIC Galicia, en colaboración con a Asociación para el Progreso de la Dirección (APD), un encontro que reuniu aos profesionais e as empresas máis relevantes do sector TIC galego en torno ás Smart Cities, da man do director xeral de Red.es, Borja Adsuara Varela, o máximo responsable da entidade pública encargada de consolidar o desenvolvemento da Sociedade da Información en España. O acto contou coa presenza da directora da AMTEGA, Mar Pereira, que foi a encargada de clausurar o evento.

imagen-1_0_0.preview.jpg

Pola súa banda, o presidente do Consello Territorial de AMETIC Galicia, Ramón Mª Lois, centrouse en animar ás empresas a continuar na senda da innovación e o crecemento, coincidindo con Bermúdez de Castro en que “este camiño pasa necesariamente pola colaboración de todos os axentes que operan no sector TIC”, recordando aos presentes que “estamos nun sector punteiro que ten que ser a clave para saír desta crise” e que só o faremos “Traballando todos conxuntamente en pro da consecución dun ben común; o desenvolvemento do noso futuro, que ao noso entender, pasa necesariamente polo das Smart Cities”.

O decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, Ramón Bermúdez de Castro Olavide e o presidente do Consello Territorial de AMETIC Galicia, Ramón Mª Lois Santos, foron os encargados de inaugurar a xornada. Na súa intervención o decano do COETG salientou “a importancia das cidades intelixentes como o eixo fundamental de cara ao desenvolvemento económico, social e sostible, tal y como o recoñece a Axenda Dixital Europea”, engadindo que deben asentarse “nunha nova comprensión da innovación aplicada ás Smart Cities, baseada no concepto de ecosistemas de innovación aberta”. Neste sentido afirmou que estes “Sistemas xeran novas formas de interrelación que facilitan a necesaria a cooperación entre gobernos, entidades profesionais, institutos de investigación, universidades, cidadáns e empresas”.

Todo é Smart
Trala presentación tivo lugar a conferencia “Smart Cities e conectividade” de Borja Adsuara Varela, o director xeral de Red.es, a entidade pública do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo (MINETUR) encargada de consolidar o desenvolvemento da Sociedade da Información en España a través da execución de proxectos TIC de acordo ás prioridades estratéxicas da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información (SETSI) e en colaboración coas comunidades autónomas, deputacións, entidades locais e o sector privado.
Durante a súa exposición salientou a importante labor levada a cabo polo organismo que dirixe para impulsar as cidades intelixentes, poñendo como exemplo os convenios subscritos polo mesmo cos concellos de Sevilla e Málaga para implantar o modelo “Smart City”.

imagen-2.preview.jpg

O profesor Adsuara advertiu que "O mundo está a cambiar: Todo é Smart - intelixente: cidades, teléfonos, redes, etc. As nosas cidades están empezando a actuar da mesma forma. Os edificios, as casas, os semáforos... todo nos está falando polo que é momento de actuar. Hai que formular modelos" que "permitan ás cidades asumir o incremento de residentes, mellorar o servizo ao cidadán e reducir o investimento e o gasto".

E concluíu a súa intervención facendo un chamamento á acción e afirmando que é o momento de actuar, de “traballar conxuntamente de cara a desenvolver un modelo de xestión sostible, así como mellorar a calidade de vida dos cidadáns”.
A clausura do acto correu a cargo da directora da AMTEGA, que agradeceu a súa presenza a Borja Adsuara, felicitándoo pola súa disertación.