A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia foi constituída co obxecto social de velar polo prestixio moral, social e técnico dos enxeñeiros de telecomunicación, fomentar e estreitar os lazos de unión e compañeirismo entre estes, contribuir ao desenvolvemento e progreso da comunidade autónoma de Galicia a través da difusión e potenciación das telecomunicacións, axudar aos seus asociados no desenvolvemento da súa actividade profesional e á súa integración nos mercados de traballo e a organización e concurrencia a congresos nacionais e internacionais.
Entre os seus fins, destacan ademáis entre outros, o de xestionar cantas disposicións legais conveñan para o desenvolvemento e eficacia do exercicio da profesión; atender as consultas que lle poidan ser feitas polo Estado, Organizacións Estatais, Administración Autónoma, Administración Central do Estado, Corporacións Oficiais ou particulares e enxeñeiros de telecomunicación, nas actividades relacionadas coa materia; establecer e fomentar relacións coas entidades análogas, tanto nacionais coma estranxeiras e supranacionais.
Historia
Fundada o 29 de novembro do ano 1991, a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia é unha Asociación sen ánimo de lucro que ostenta a representación dos enxeñeiros de telecomunicación en Galicia. A AETG naceu co obxecto de velar polo prestixio moral, social e técnico dos Enxeñeiros de Telecomunicación, de fomentar e estreitar os lazos de unión e compañeirismo entres os mesmos e contribuír ao desenvolvemento e progreso da Comunidade Autónoma de Galicia a través da difusión e potenciación das Telecomunicacións. Por todo iso, non cabe dúbida de que, ao ser a entidade que representa aos protagonistas da sociedade da información, a AETG está chamada a ser unha entidade de referencia na sociedade.
A súa actuación está rexida por unha Xunta Xeral, integrada por todos os seus socios e que constitúe o órgano de goberno supremo; e unha Xunta Directiva constituída polas persoas que son elixidas pola Xunta Xeral.
Xunta Directiva
Trala celebración da Xunta Xeral Extraordinaria para eleccións de membros da Xunta Directiva da AETG o 23/04/2021 e de conformidade co establecido nos Estatutos da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, procedeuse á investidura como candidatura lexitimamente elixida á Xunta Directiva da AETG, á encabezada por D. Julio José Sánchez Agrelo, o cal renovou a súa responsabilidade de dirixir a Xunta Directiva durante os vindeiros catro anos. O 08/03/2022 tralo cese do actual Secretario, e en cumprimento ao especificado nos Estatutos da AETG, realizouse unha reasignación dos cargos inicialmente investidos na composición da Xunta Directiva.
A Xunta Directiva da AETG queda integrada polos seguintes membros:
Presidente Julio José Sánchez Agrelo Vicepresidenta María Edita de Lorenzo Rodríguez Secretario Antonio Santiago Torres López Vicesecretario Ramón Rodríguez Enríquez Tesoureiro Fernando José Cendán Garrote Contador Juan Redondo López Vogal Luis Castedo Ribas Vogal Justo Rodal Pérez Vogal Francisco Javier Alcalá Navarro Vogal Sara María Rodríguez Paz Vogal María Pilar Villaverde Castro Vogal Francisco Javier Laíño Colinas Vogal José Miguel Gómez Apesteguía Vogal Manuel Pozo Fariñas Reserva José Manuel Ordóñez Suárez Reserva Ignacio Penedo Nieto
Estatutos
Os presentes Estatutos da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia foron aprobados por unanimidade en Asemblea Xeral de Asociados celebrada o día 28 de novembro de de 2003 e visados e inscritos no Rexistro Central de Asociacións da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local da Xunta de Galicia, co nº 2004/007265-1 o 4 de maio de 2004. Estes estatutos serven como marco regulamentario da AETG.