Unha conferencia desvelará como construír unha réplica de R2D2 con material reciclado

En 2015, cando Eduardo Santos Pérez só tiña 15 anos, construíu con materiais totalmente reciclados unha réplica de R2D2, o compañeiro droide de Luke Skywalker na saga de películas da Guerra das Galaxias. Xunto co seu pai, Eduardo Santos Baldomir, este rapaz de Cambre forma parte de Echo Base 28th Elite Forces, unha asociación que dende o ano pasado vén desenvolvendo diferentes actividades que rodean o universo Star Wars. Unha das estrelas das súas actividades é o robot R2D2, que nos últimos dous anos percorreu escolas, institutos, hospitais e feiras tecnolóxicas por toda Galicia.

Fonte: duvi.uvigo.gal

Ver nova