Unha multinacional innova desde Galicia tecnoloxía sanitaria

Mellorar os tratamentos personalizados de persoas enfermas de cancro; reducir as esperas en urxencias e coordinar mellor esta asistencia entre os dispositivos que as atenden; e favorecer a autonomía das persoas maiores e o envellecemento activo son os principais obxectivos dunha nova unidade mixta de investigación inaugurada onte en Santiago. Constitúena a multinacional Everis e Gradiant (o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia), en colaboración coa Fundación Ramón Domínguez do Sergas.

Fonte: lavozdegalicia.es

Ver nova