Visitamos as instalacións do Centro de Supercomputación de Galicia

O venres pasado realizamos a nosa primeira visita ao CESGA como colectivo de enxeñeiros de telecomunicación. Unha de moitas máis iniciativas que temos previsto realizar en coordinación con esta entidade e na que puidemos coñecer de primera man os proxectos actuais e as posibilidades que ten un centro destas características, o 2º en España despois do Centro de Supercomputación de Barcelona. Antes de que finalice 2023 estará xa en funcionamento o novo computador cuántico con multitude de posibilidades para novos proxectos en Galicia y tamén fóra.

IMG_9242_0.lightbx.jpg

A visita consistiu nunha ruta guiada ás instalacións, incluindo o centro de procesamento de datos no que se encontran os equipos de cómputo e almacenamento do CESGA FinisTerrae III, FinisTerrae II, servidores cloud, big data, emulador de circuitos cuánticos, xerador de números aleatorios, robot de cintas, routers e switches do nodo da Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia, así como ás infraestruturas de apoio.

IMG_9269.lightbx.jpg

Posteriormente, da man do seu director Lois Orosa, coñecimos os servizos e actividades de investigación que desenvolve o CESGA actualmente y conversaremos con él e algúns dos investigadores que participan nos diferentes proxectos que teñen en marcha.

Agradecemos ao director e a todo o equipo as súas explicacións e a magnífica organización da visita e a boa acollida. Grazas tamén aos colexiados e invitados que nos acompañaron e o interese amosado.

IMG_9274.lightbx.jpg

IMG_9268.jpg