Webinar “A importancia da infraestrutura de rede no entorno de edificios intelixentes e novas sedes corporativas”

De interese para colexiados

O vindeiro martes 16 de xuño tódolos colexiados interesados están convidados ao webinar “A importancia da infraestrutura de rede no entorno de edificios intelixentes e novas sedes corporativas” organizada polo Colexio Oficial. Durante o mesmo falarase das diferentes tecnoloxías que integran as instalacións de comunicacións dos edificios modernos.

Repasaranse os distintos estándares Wi-fi, a necesidade de cobertura móbil 4G/5G en interior, a conectividade IoT tanto sen fíos como a través dos novos sistemas de cableado baseado nun só par (SPE), a crecente demanda de tecnoloxía POE (Power Over Ethernet) e as súas implicacións para adoptala de forma masiva, e as novas tecnoloxías de transmisión a través de fibra óptica multimodo usando multiplexación por lonxitude de onda ( SWDM).

Programa do evento e inscrición

edificio_inteligente.png