Webinar: Convocatoria oposicións ao Corpo TIC da Administración Pública

De interese para colexiados

O Colexio Oficial organiza o próximo día 22 ás 18:30 h un webinar informativo para Enxeñeiros de Telecomunicación sobre a convocatoria de prazas para o Corpo Superior de Sistemas e Tecnoloxías da Información da Administración do Estado. Coa organización deste webinar dentro do prazo de inscricións da oferta de convocatoria de prazas para o Corpo Superior de Sistemas e Tecnoloxías da Información da Administración do Estado (solicitudes antes do 28 de setembro), o Colexio ofrece aos seus colexiados a posibilidade de coñecer o proceso de primeira man.

É unha oportunidade para os Enxeñeiros de Telecomunicación interesados na Función Pública. Lembramos que se ofrecen 130 prazas (100 prazas de ingreso libre e 30 prazas en promoción interna).

Programa do evento e inscrición

opos.jpg