Webinar "Emprender un negocio: erros comúns e claves para o éxito"

De interese para asociados emprendedores

O Servizo de Emprego e Orientación Profesional (SEOP) da Asociación e Colexio Oficial, convídache a participar o vindeiro xoves 28 de maio ás 18 horas no webinar sobre emprendemento: Emprender un negocio: erros comúns e claves para o éxito. Durante o mesmo coñeceremos a dous enxeñeiros de telecomunicación emprendedores que nos falarán da súa experiencia persoal e nos aportarán información moi interesante sobre os riscos que se toman ao emprender unha actividade, como evitar os erros máis comúns ao iniciar un negocio ou, entre outra, como mellorar o plan de emprendemento.

Programa do evento e inscrición

emprendimiento.jpg