Webinar: “Normativa autonómica de Galicia sobre Infraestruturas Básicas de Fogar Dixital​"

De interese para colexiados/asociados

O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación organiza en colaboración coa AETG, o webinar “Normativa autonómica de Galicia sobre Infraestruturas Básicas de Fogar Dixital​", que terá lugar o vindeiro 29 de setembro ás 12:00 horas. A ponencia correrá a cargo do colexiado Javier Fernández Fraga, enxeñeiro de telecomunicación libre exercente con ampla experiencia en ICT e en Fogar Dixital. A xornada será presentada polo decano do COETG e presidente da AETG, Julio Sanchez Agrelo.

Programa e inscrición

O obxectivo deste Webinar é presentar a iniciativa da comunidade autónoma de Galicia, creada para complementar o regulamento de Infraestruturas Comúns de Telecomunicación (ICT), cunha Lei autonómica que regule a instalación de infraestruturas básicas para a instalación de Hogar Dixital nas vivendas. A partir desta iniciativa, postúlase como obrigatorio o apartado sobre Fogar Dixital que figura con carácter voluntario no Anexo V do regulamento de ICT (RD346/2011 do 11 de marzo), en materia de instalación de canalizacións e caixas, que posibiliten a posterior instalación do cableado e dispositivos propios do HD.

Imagen Hogar Digital .jpg

Acto enmarcado no plan de accións de difusión de 2020, en virtude do convenio coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), para a posta en marcha de actividades para o fomento da Sociedade da Información durante o ano 2020.

imagen_hogar_digital_.jpg