Webinar "Supercomputación para empresas: Tecnoloxías e oportunidades de negocio"

A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia organiza o webinar "Supercomputación para empresas: Tecnoloxías e oportunidades de negocio" coa colaboración do Centro de Supercomputación de Galicia. Terá lugar o vindeiro martes 6 de outubro ás 11.00 horas.

A través deste webinar, os asistentes coñecerán as diferentes tecnoloxías, recursos e servizos no eido da computación de altas prestacións (HPC), Intelixencia Artificial e Big Data que o CESGA pon ao dispor das empresas para incrementar a súa competitividade. Tamén poderán coñecer diferentes iniciativas en marcha, incluíndo os proxectos EuroCC e FF4EuroHC, que ofrecerán nos próximos anos interesantes oportunidades de financiamento para empresas na súa aproximación a estas tecnoloxías.

A inscrición é gratuíta e realízase a través do seguinte formulario

imagen programa.jpg

O acto está enmarcado no plan de accións de difusión de 2020, en virtude do convenio coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), para a posta en marcha de actividades para o fomento da Sociedade da Información durante o ano 2020.

FinisTerrae-CESGA-2web.jpg