Webinario "myNet Campus: Software para a creación de proxectos de voz e datos"

A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) organiza a conferencia "myNET Campus: Software para a creación de proxectos de voz e datos" impartida por Rubén Cruells, director comercial da empresa OpenetlCS, que terá lugar o 28 de abril de 2022 ás 11:00 h.

O webinario será presentado por Julio Sánchez Agrelo, presidente da AETG e durante o mesmo, Rubén Cruells presentará o programa myNET Campus, un revolucionario software para o deseño, medicións e orzamentos de proxectos de instalacións de voz e datos que facilita o traballo aos profesionais e aforra tempo nestes labores. Esta ferramenta adáptase ás necesidades dos proxectistas.

Máis Información e inscrición

imagen mynet.jpg

imagen mynet.jpg