O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia convídante ao webinario “Funcións e actividades das Xefaturas Provinciais de Inspección de Telecomunicacións” que terá lugar o vindeiro 25 de novembro de 2021 ás 16.30 horas.
Durante o relatorio abordaranse, entre outros temas, os fins, funcións, actividades, servizos e I+D+I das Xefaturas Provinciais de Inspección de Telecomunicacións, órgano competente regulador e inspeccionador dos servizos de Telecomunicación para a transformación dixital. As xefaturas son entidades dependentes do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, que constitúen unha interesante saída profesional para os enxeñeiros de telecomunicación.