Workshop do COETG/AETG no Foro Tecnolóxico de Emprego 2020

Dentro da programación do Foro Tecnolóxico de Emprego que se está a celebrar estes días na Universidade de Vigo, onte día 5 de marzo realizamos o workshop cos alumnos do Máster en Enxeñaría de Telecomunicación no que os participantes tiveron a oportunidade de coñecer polo miúdo o labor do Colexio e da Asociación e as iniciativas que ambas entidades están desenvolvendo en prol dos intereses do colectivo.

Ademais, os asistentes puideron experimentar unha experiencia de Realidade Virtual na que se amosa a contribución dos enxeñeiros de telecomunicación ao longo da Historia da humanidade.

foto Foro 2020.JPG