Xa en Youtube a Xornada técnica "Proxectos de integración de servizos - Cidades, Edificios e Fogares Dixitais: O novo hábitat intelixente"

A xornada técnica "Proxectos de integración de servizos - Cidades, Edificios e Fogares Dixitais: O novo hábitat intelixente" celebrada o pasado 19 de maio pola Asociación Canaria de Enxeñeiros de Telecomunicación, na que participou o enxeñeiro de telecomunicación galego, Javier Fernández Fraga xa está dispoñible na canle de Youtube da entidade para todalas persoas interesadas que non puideron asistir.

Este é o enlace: Xornada técnica ACIT

Esta xornada enmárcase dentro dos actos organizados polas Asociacións e Colexios Oficiais de Enxeñeiros de Telecomunicación nos distintos territorios para conmemorar a celebración do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información de 2021.

Screenshot_2021-05-24 Jornada Técnica Proyectos de integración de servicios Ciudades, Edificios y Hogares Digitales.png