Xa está dispoñible para os colexiados do COETG o libro “Normativa das Infraestruturas Comúns de Telecomunicacións (ICT). Versión actualizada 2011”

Esta nova publicación recompila nun libro de fácil formato toda a normativa de aplicación nos proxectos de Infraestruturas Comúns de Telecomunicacións (ICT) xa que está actualizada co recente novo Regulamento Regulador de ICT, aprobado polo Real Decreto 346/2011, de 11 de marzo, que incorpora as Infraestruturas de Acceso Ultrarrápido e o Fogar Dixital ás edificacións, e coa Orde ITC/1644/2011, de 11 de xuño, que desenvolve o Regulamento cos procedementos a seguir no proxecto e execución da nova ICT. Tamén se inclúen outros textos normativos que se poden ter que consultar por parte de quen participe nos proxectos de ICT, como é a Lei de Ordenación da Edificación ou aspectos referidos á actividade de instalación e mantemento de equipos e sistemas de telecomunicación.

Os exemplares están dispoñibles para os colexiados tanto na sede do Colexio de Vigo como na de A Coruña.

Para máis información contacta connosco nos teléfonos 981919300 / 986465234 ou a traveso do correo electrónico administracion@coetg.es

libro_normativa_54b8c14d.jpg