Xornada "A conectividade nos cascos históricos"

De interese para colexiados e asociados

O vindeiro día 22 de xullo celebrarase a xornada técnica “A conectividade nos cascos históricos”, que terá lugar a partir das 10:30 horas, no Auditorio do Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela (Praza das Praterías, 2), dutante a que se presentará o Catálogo de solucións para actuacións de tendido da rede de fibra óptica en contornas urbanas de especial protección e conxuntos históricos de Galicia. Ademais, diversos expertos analizarán a situación actual dos despregues de fibra óptica e o estado dos servizos de telecomunicacións nos cascos históricos.

A confirmación de asistencia deberá facerse antes do vindeiro 20 de xullo no mail: cascoshistoricos@retegal.gal

Máis Información e programa de xornada

cascos historicos.jpg