Xornada "A revolución dos pequenos satélites: coñece o estándar CubeSat"

O vindeiro día 5 de outubro terá lugar a xornada "A revolución dos pequenos satélites: coñece o estándar CubeSat" impartida pola asociación UVigo SpaceLab, un equipo de estudantes da Universidade de Vigo que se dedica ao deseño, fabricación e operación de pequenos satélites.

Durante o relatorio coñeceremos o sector aerospacial e porqué o estándar CubeSat permite que cada vez máis misións acaden éxito. Ademais aprenderemos sobre teoría orbital básica, terminoloxía e os diferentes subsistemas dun satélite, xunto cos retos e beneficios de levalo á órbita e operalo desde terra.

A xornada terá lugar a partir das 17 horas vía streaming e está dirixida a profesionais do ámbito aeroespacial, emprendores/as e estudantes.

Máis información e inscrición

cubesat.jpg