Xornada "Conectividade para o impulso do territorio intelixente" - 14 de decembro na Cidade da Cultura

Participamos na xornada "Conectividade para o impulso do territorio intelixente" organizada polo Nodo 5G da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, que terá lugar o 14 de decembro na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. O enxeñeiro de telecomunicación, Javier Fernández Fraga, en representación do COET e da AETG, será o encargado de expoñer de que forma o desenvolvemento de tecnoloxías IoT melloran os servizos dos concellos. Esta ponencia está enmarcada nun completo programa que terá lugar a partir das 10 horas e rematará cun showroom sobre a tecnoloxía IoT.

Máis información

No contexto actual, o IoT e o 5G supoñen a base tecnolóxica necesaria para o impulso da economía, a conectividade de cidades ou industrias permitirán o desenvolvemento de proxectos con tecnoloxía avanzada como a IA, Blockchain ou Dixital Twins. Neste evento analizarase o estado actual das tecnoloxías de conectividade, os retos e solucións para dispoñer dunha contorna conectada así como a presentación de casos de uso en concellos.

A xornada terá lugar no auditorio 1 do Edificio CINC (Cidade da Cultura de Galicia) e tamén se retransmitirá vía Streaming.

labestia_eosa_a_digital_economy_environment_based_on_IoT_and_5g_9c8acb4a-ab00-46a8-84bb-726c8820cea5.png