Xornada de interese para profesionais das telecomunicacións: "5G como impulso da economía dixital"

O vindeiro 21 de decembro ás 17 horas terá lugar a xornada impartida polo profesor da Universidade de Vigo, Felipe Gil Castiñeira, sobre o "5G como impulso da economía dixital". A sesión poderá seguirse en liña e será a primeira dun conxunto de actividades relacionadas co 5G, impulsadas polo nodo 5g, no que colabora a propia universidade, Retegal e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. O obxectivo desta sesión é establecer as bases para un coñecemento mínimo de cara as seguintes sesións nas que se mostrarán conceptos e prácticas coa rede 5G e está dirixida a profesionais do ámbito das telecomunicacións, emprendedores e estudantes.

Accede ao programa e inscrición

Felipe Gil é profesor titular da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo e investigador en atlanTTic.

O NODO 5G - É UNHA INICIATIVA PARA PROMOVER E DINAMIZAR O SECTOR TIC GALEGO, MEDIANTE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN E NETWORKING PARA AGRUPAR AOS DIFERENTES AXENTES QUE POIDAN REQUERIR OU EXECUTAR PROXECTOS RELACIONADOS CO 5G. EN COLABORACIÓN CO LABORATORIO 5G DA UNIVERSIDADE DE VIGO, RETEGAL E AMTEGA.

technology-gdd8c02c84_1920.jpg