O Consello Galego de Enxeñerías, CGES, do que forma parte o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, organiza a xornada "Os bancos e o financiamento de grandes proxectos" impartida por Mario Aymerich, enxeñeiro de camiños con gran experiencia en avaliación e seguimento de operacións de préstamo relacionadas con proxectos de infraestrutura a gran escala, especialmente nos sectores de transporte e desenvolvemento urbano/rexional. A xornada terá lugar o xoves 24 de febreiro ás 19.00 horas e poderá seguirse tanto presencial como virtualmente a través da plataforma Zoom.
Para poder asistir é precisa inscrición previa, indicando a modalidade de asistencia, no seguinte enlace: Inscrición