Xornada técnica "Proxectos de integración de servizos - Cidades, Edificios e Fogares Dixitais: O novo hábitat intelixente"

A Asociación Canaria de Enxeñeiros de Telecomunicación organiza xunto co Colexio a Escola de Enxeñería de Telecomunicación e Electrónica EITE-ULPGC en Canarias, organizan unha xornada técnica baixo o título "Proxectos de integración de servizos - Cidades, Edificios e Fogares Dixitais: O novo hábitat intelixente", na que a AETG colabora a través da participación do enxeñeiro de telecomunicación galego, Javier Fernández Fraga como experto na materia. Esta xornada enmárcase dentro dos actos organizados polas Asociacións e Colexios Oficiais de Enxeñeiros de Telecomunicación nos distintos territorios para conmemorar a celebración do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información de 2021.

A xornada técnica terá lugar o 19 de maio ás 18.30h (hora peninsular) e poderase seguir por Webex previa inscrición no enlace Xornada técnica: O novo hábitat intelixente

Javier Fernández Fraga é enxeñeiro de telecomunicación, libre exercente con ampla experiencia en proxectos de Infraestruturas Comúns de Telecomunicación e Fogar Dixital. Posúe unha extensa traxectoria profesional materia de asesoramento a entidades locais e realización de informes técnicos e periciais. Participa ademais activamente nas iniciativas do Colexio e a Asociación en apoio do colectivo de enxeñeiros de telecomunicación e é membro da xunta de goberno territorial do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia.

Cartel.jpg