Xornadas técnicas celebradas durante o 2020, dispoñibles na canle de YouTube COETG/AETG

Ao longo deste ano 2020, celebráronse por parte da AETG diferentes xornadas técnicas na modalidade online co obxectivo de continuar cos labores de divulgación e a pesar das circunstancias que imposibilitaron a celebración de encontros en formato presencial.

Dúas das últimas iniciativas foron, a xornada sobre Saúde Dixital celebrada en colaboración co Colexio Oficial de Médicos da provincia da Coruña -COMC- e a xornada sobre Supercomputación para empresas en colaboración co Centro de Supercomputación de Galicia -CESGA-. Os interesados en visualizar estas e outras iniciativas organizadas pola AETG, poden facelo accedendo á canle oficial en YouTube do COETG/AETG a través do seguinte enlace:

COETG/AETG en YouTube

youtube.png