Xornadas Televisión Dixital Terrestre - Segundo Dividendo Dixital

tdt2.jpg


Proxecto de comunicación e información da AETG sobre o Segundo Dividendo Dixital.

A liberación do segundo dividendo dixital supón un cambio moi significativo na área do desenvolvemento das telecomunicacións para a sociedade. A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia colabora coa Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia nas tarefas de comunicación e difusión da información relativa a esta transformación tan relevante para os usuarios. Para tal fin, establécese un Plan de Comunicación e Divulgación que recolle os reais decretos publicados sobre a liberación do segundo dividendo dixital e a súas implicacións, e está dirixido aos concellos galegos, ás deputacións provinciais, ás asociacións e colexios profesionais de administradores de fincas, ás asociacións e instaladores de telecomunicacións e entidades similares, ademais por suposto de dirixilo á totalidade da sociedade. Este Plan de Comunicación e Divulgación concrétase, entre outras actuacións, coa celebración dunha serie de xornadas formativas:

Programación xornadas formativas sobre a liberación do Segundo Dividendo Dixital en Galicia



Máis información e inscricións no teléfono 981919300 ou no enderezo electrónico segundodividendodixital@aetg.gal

Data: Xoves 28 de novembro. 12.00h
Lugar: CDTIC Santiago de Compostela. Retransmisión por videoconferencia nas aulas CeMIT de Abegondo, Celanova, Santa Comba e Valga
Dirixida a: concellos galegos, deputacións provinciais, entidades de interese, cidadanía

Data: Mércores 27 de novembro. 16.00h
Lugar: Confederación de Empresarios de Galicia. Rúa do Vilar, Santiago de Compostela
Dirixida a: Instaladores de telecomunicacións de toda Galicia

Data: Mércores 27 de novembro. 18.30h
Lugar: Confederación de Empresarios de Lugo.
Dirixida a: Instaladores de telecomunicacións da provincia de Lugo

Data: Martes 3 de decembro. 20.00h
Lugar: Confederación de Empresarios de Ourense
Dirixida a: Instaladores de telecomunicacións da provincia de Ourense

Data: Xoves 28 de novembro. 18.00h
Lugar: Espazo de Coworking Vigo
Dirixida a: Instaladores de telecomunicacións da provincia de Pontevedra

Data: Venres 13 de decembro. 16.30h
Lugar: Forma Coworking Vigo
Dirixida a: Administradores de fincas da provincia de Pontevedra

Lugar: CoWorking Espacio Lugo
Dirixida a: Administradores de fincas da provincia de Lugo

Lugar: Espazo Coworking MAGMA
Dirixida a: Administradores de fincas da provincia de Ourense

Publicacións relacionadas co Segundo Dividendo Dixital

"El Segundo Dividendo Digital", Revista BIT nº211
"Sobre baldas y bandas, reordenando la estantería", La Voz de Galicia


De forma permanente a AETG ofrece información e asesoramento sobre o segundo dividendo dixital no teléfono 981919300. Tamén se poden realizar consultas a través do enderezo electrónico segundodividendodixital@aetg.gal

presidencia_sxm-cor.jpg Asociacion de Enxeñeiros de telecomunicacion de Galicia.jpg