
Este ano a Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, que acada a súa XV edición, co gallo da celebración do Xacobeo 2010 xirou baixo o lema O Camiño de Santiago e as Telecomunicacións europeas. O encontro tivo lugar no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela e contou coa participación de máis de 400 profesionais do sector das telecomunicacións e da sociedade da información do ámbito europeo, nacional e autonómico entre os que se encontraban unha grande representación dos nosos asociados e colexiados, representantes das principais empresas do sector TIC e personalidades da Administración Galega. Esta edición, foi presidida por Dna. Mar Pereira Álvarez, secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e contou coa presenza de D. Alfonso Cabaleiro Durán, secretario xeral de Medios.
Galería de fotos NGT 2010 (03.09.2010) |
Galería de fotos recepción NGT 2010 (03.09.2010) |
Galería de fotos ceremonia NGT 2010 (03.09.2010) |
Galería de fotos mesas NGT 2010 (03.09.2010) |
O acto abriuse, no Patio de San Marcos, coa recepción de personalidades e invitados, por parte dos membros que conforman a Xunta Directiva da AETG, presidida por D. Ramón Bermúdez de Castro Olavide como presidente.
De seguido, na Capela Real e Sala de Arte, os presentes puideron disfrutar da actuación do orfeón Caixa Galicia Terra A Nosa, que interpretou para os presentes varias pezas musicais entre as que destacan: O Rodaballo de Joaquín Broto, Ihr habt nun traurigkeit de Brahms ou The man I love de Gershwin.
Rematada a actuación do orfeón, a AETG fixo entrega dos seus tradicionais Premios Galicia das Telecomunicacións e da sociedade da Información 2010. Nesta ocasión, a directora da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación da Universidade de Vigo, Dna. Edita de Lorenzo, recibiu a distinción como Enxeñeira do Ano 2010, pola súa decisiva contribución á formación académica e capacitación profesional dos futuros enxeñeiros de telecomunicación de Galicia, desde o seu posto de directora da Escola, que este ano celebra o seu 25 aniversario, así como pola súa ampla bagaxe docente ligada a esta participación en distintos estudos relacionados co sector ETIC con proxección autonómica, nacional e mesmo internacional, axudando a situar así o I+D+i da nosa Comunidade no mapa global da innovación tecnolóxica.
O presidente da Federación de Enxeñeiros de Telecomunicación da Comunidade Europea (FITCE), D. Andrea Penza, converteuse nesta edición da Noite en Socio de Honra da AETG, distinción que premia o seu compromiso co desenvolvemento das Telecomunicacións en Europa e os beneficios que este modelo de negocio pode proporcionar á nosa Comunidade.
Descargar os discursos dos ponentes
Discurso do Decano do COETG |
Discurso da Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica |
Discurso da Enxeñeira do ano |
Discurso do Socio de Honra |
O Premio ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais, que recoñece aqueles proxectos ou traxectorias das telecomunicacións que lle aporten beneficios á sociedade en xeral, concedéuselle nesta ocasión á Rede intelixente de puntos de repostaxe para vehículo eléctricos (RIRVE), da empresa Bluemobility, S.L. As razóns da concesión foron: o grande impacto social e medioambiental que os vehículos eléctricos e as súas redes de recarga terán no futuo inmediato; por ser una solución con marcado carácter multidisciplinar dentro das TIC que integra solucións/dispositivos eléctricos, electrónicos, de redes de comunicacións e informáticos e por oriéntarse a un sector clave en Galicia como é o da automoción. É exportable a outros países o que situará a Galicia na vangarda do coñecemento dentro das aplicacións TIC ás enerxías renovables.
O Premio Ineo á Mellor Aplicación TIC, que recoñece aqueles productos ou servizos innovadores desenvolvidos desde Galicia e destacados pola súa calidade e a súa aportación ao crecemento económico, foi este ano para a empresa Open Soft Servicios Informáticos, S.L. polo seu proxecto Os-Netback. O premio concedeuse por ser unha solución sinxela e económica para un problema cotidiano da pequena e mediana empresa, porque destaca o modelo de negocio, que favorece o desenvolvemento doutras empresas do sector TIC, na súa distribución, sendo complementario coa oferta do mercado e por ser un producto contrastado no mercado.
O Premio Ingeniero Gerardo García Campos á Mellor Iniciativa mpresarial TIC, patrocinado pola Fundación homónima, correspondeulle á empresa Eventyam Ingenieros, S.L. polo proxecto Seguridade Electromagnética, por ser unha solución innovadora a nivel de servizos empresariais cunha aplicación práctica no sector da industria galega das telecomunicacións.
A entrega de premios e distincións rematou coa concesión do Premio Gradiant á Mellor Tese Doutoral Aplicada ao Sector TIC a D. Rafael Asorey Cacheda, polo seu raballo “Contribución aos sistemas de distribución de contidos en redes inarámicas de datos”, polo carácter aplicado da tese queda suficientemente avalado pola consecución dunha patente, a temática da tese é de interese para as empresas galegas do sector TIC e os méritos científicos do traballo vense acreditados por un número significativo de publicacións nas revistas e congresos de maior prestixio internacional.
Finalizada a entrega de premios a clausura do acto correu a cargo da secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Dna. Mar Pereira Álvarez, quen falou dos esforzos levados a cabo nos últimos meses para impulsar a extensión da banda larga a toda Galicia destacando “a posta en marcha das primeiras accións para crear unha rede troncal de fibra óptica de case 1.900 quilómetros”. Defendeu tamén o papel da Xunta no desenvolvemento do tecido industrial, “desde o Goberno galego estamos a desenvolver as actuacións necesarias para que todos os galegos teñan o acceso a un servizo de banda larga de calidade en 2013. Estas medidas enmárcanse na estratexia global da Xunta de Galicia para o desenvolvemento das infraestruturas de telecomunicacións na nosa Comunidade”.
Previo a intervención da secretaria xeral, o presidente da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, D. Ramón Bermúdez de Castro Olavide, fixo a súa intervención e, aproveitando a conxuntura, retomou unha vella demanda que vén reclamando o Colexio desde hai tempo ao Goberno para que a Axencia Estatal de Radiocomunicacións, tamén coñecida como Axencia do Espectro, teña a súa sede en Galicia, con competencias en todo o Estado.
Noite 2010: Os nosos patrocinadores:


