XVII Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2012

noite3.jpg

Galería de Fotos

Dossier prensa

O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG) celebraron a XVII edición da Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información o día 26 de octubre no Gran Hotel de A Toxa (O Grove, Pontevedra), baixo o lema “Smart Cities, a tecnoloxía ao servizo dos cidadáns”.

A gala contou coa presenza de numerosas autoridades autonómicas, provinciais e locais entre as que destacan o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira, o secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, o presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán, e o alcalde de A Coruña, Carlos Negreira.

noite1.jpg

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, presidiu a XVII edición da Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2012 celebrada o 26 de outubro, no Gran Hotel da Toxa. A gala, que reuniu a preto de 300 profesionais das TIC de toda Galicia, estivo dedicada ás cidades intelixentes, baixo o lema “Smart Cities, a tecnoloxía ao servizo dos cidadáns”.

noite3.jpg

Tecnoloxía galega de primeiro nivel

Durante a gala entregáronse os tradicionais Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, nos que José Luis Barreiro Conde, directivo do Grupo Televes, é o Enxeñeiro do Ano desta edición. Unha distinción instituída polo COETG para recoñecer o destacado labor profesional de enxeñeiros de telecomunicación como Barreiro Conde, quen desde o punto de vista colexial participou activamente na fundación da AETG e desde o punto de vista profesional foi o responsable de impulsar o moderno modelo produtivo de Televes e da implantación da loxística do Grupo.

noite5.jpg

O Premio ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais, outorgado pola AETG e impulsado pola AMTEGA recaeu na aplicación móbil Pictodroid Lite de Accegal. Un proxecto de colaboración entre o Centro de Educación Especial Manuel López Navalón (centro público dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia) e o Grupo de Tecnoloxías da Información (GTI) da Escola de Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo para a elaboración de solucións de accesibilidade para as persoas con discapacidades baseadas en dispositivos móbiles.

noite4.jpg

No tocante ao Premio INEO ao Produto ou Servizo TIC máis innovador do 2012, o galardón recaeu no Proxecto LIFE+ Viñas Atlánticas da Deputación de Pontevedra, quen lidera o proxecto, en colaboración coas adegas: Martín Códax, Condes de Albarei e Paco&Lola.

noite6.jpg

O COETG e a AETG tamén entregaron un ano máis, o Premio Ingeniero Gerardo García Campos á Mellor Iniciativa Empresarial no sector TIC, nesta edición outorgado á empresa Vmodal Interactive S.L. polo proxecto “Intellixente. La voz de tu cliente”; e o Premio Gradiant á Mellor Tese Doutoral aplicada ao sector TIC 2012, que lle correspondeu a Guillermo López Taboada pola súa tese “Design of Efficient JAVA Communications for High Performance Computing”, distinción que recoñece aqueles proxectos de investigación emerxentes no ámbito das tecnoloxías da información e da comunicación.

fotopatrocinadores.jpg

En agradecemento aos nosos patrocinadores:

cartel_ngt2011_g_0.jpg