Novas sectoriais

A industria farmacéutica europea pretende liderar a transición cara a un novo modelo de asistencia sanitaria baseado nos resultados en saúde e o uso do Big Data biomédico. O obxectivo do novo modelo é conseguir acurtar os prazos da investigación e do desenvolvemento de fármacos innovadores, así como permitir un acceso máis temperán aos mesmos por parte dos pacientes.

Fonte: consalud.es

O sector telecomunicacións europeo foi un dos peores no últimos tres anos, destacando o mal comportamento tanto en termos absolutos como relativos aos índices europeos.

Fonte: expansion.com

O Plan, impulsado pola Amtega, xa activou o servizo noutras 6 superficies da provincia en 2016 e chegará a outras 9 en 2018
Unha vez completado o Plan o 98% das superficies empresariais ocupadas da provincia terán acceso a redes de máis de 100 Mbps
Ademais, como complemento a esta actuación, a Xunta abriu unha convocatoria de axudas para o acceso a banda larga ultrarrápida a empresas e autónomos situados en zonas illadas do rural.

Fonte: amtega.xunta.gal

A empresa de Santiago TRedess, centrada na fabricación de transmisores e reemisores de Televisión Dixital Terrestre (TDT), vén de ser elixida polo operador estatal tailandés TBPS para abordar o primeiro treito da segunda fase de dixitalización do país. A participación de TRedess materializarase co fornecemento de case medio cento de quipos de media e baixa potencia de 1 quilowatts (kW). O proxecto, en colaboración coa integradora de sistemas local Planetcomm, implica a subministración e posta en marcha de 33 estacións (46 transmisores DVB-T2 integrados en armarios) de potencias 200 W, 400 W, 600 W e 1 kW da gama Fourth Series, así como os servizos de formación FAT (aceptación en fábrica) e SAT (aceptación en sitio).

Fonte: codigocero.com

Dende mañá e ata o 20 de abril empresas e autónomos das zonas illadas do rural poderán solicitar axudas para o acceso a banda larga ultrarrápida. Con esta convocatoria, que se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon en marcha a segunda das actuacións do Plan de banda larga 2020 para a extensión da cobertura de redes de banda larga ultrarrápida na Comunidade.

Fonte: amtega.xunta.gal

O Plan de Banda Larga da Xunta facilitará este ano o acceso a internet con velocidades de ata 350 Mbps a 11 polígonos da provincia de Pontevedra. Así o anunciaron esta mañá a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, o director xeral de R, Alfredo Ramos, e o delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores.

Fonte: amtega.xunta.gal

A sexta edición dos premios INCUVI-Emprende, convocados pola Universidade de Vigo para impulsar nos seus campus a innovación e o emprendemento tecnolóxico, xa ten os seus gañadores. Os nomes das 12 iniciativas emprendedoras escollidas (que pasarán o vindeiro ano nas instalacións de incubación dos tres campus) foron desvelados este xoves. En total houbo 23 finalistas, pero o proceso de escolma deixou a cifra final nunha ducia de proxectos: seis do Campus de Vigo, catro de Ourense e dous de Pontevedra, ademais de dous accésits, un en Vigo e outro en Pontevedra. As novas tecnoloxías e a contorna dixital foron novamente o nexo común de practicamente todas as propostas (aplicacións móbiles, plataformas de traballo en rede, economía de cooperación en liña). Entre as boas novas desta edición figuran o incremento importante da participación feminina, xa que dos 38 proxectos que se presentaron en total, o 42,5% viñan da man de mulleres. De feito, entre os gañadores tamén se mantén unha situación case de equidade, con 12 homes e 11 mulleres.

Fonte: codigocero.com

Conectar o noso corpo coa tecnoloxía. Ou viceversa. Pero non cun ?wearable? que nos mida o ritmo cardíaco ou as calorías que gastamos, nin cun exoesqueleto que nos axude a movernos cando perdemos toda posibilidade. Estar conectado na súa máxima expresión: ter un implante ou un chip ou algo que se comunique co dispositivo móbil. Ou viceversa. E que permita detectar unha enfermidade, controlala ou mesmo activar e desactivar determinados elementos dos nosos xenes.

Fonte: elconfidencial.com

A Xunta e a Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (Atiga) oficializaron hoxe o acordo de colaboración para a realización dun estudo sobre as oportunidades reais que ofrecen as novas tecnoloxías nos sectores produtivos de Galicia. Segundo explicou o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, durante a xornada Oportunidades de desenvolvemento da Industria 4.0 en Galicia, celebrada na Cidade da Cultura de Santiago, trátase dun traballo de campo pormenorizado que axudará á posta en marcha do futuro Observatorio da Industria 4.0.

Fonte: xunta.gal

A Televisión Dixital Terrestre (TDT) chegou coa promesa da interacción, que finalmente non se concretou nunha realidade palpable, e practicamente o único que podemos ver nesta liña é o uso da tecnoloxía HbbTV por parte das televisións públicas, o que permite principalmente que nalgúns televisores conectados á Rede teñamos dispoñibles baixo demanda moitos dos contidos á carta que ofrecen Televisión España e a Televisión de Galicia con só premer un botón do mando a distancia (ou sexa, sen ter que contar cunha aplicación específica instalada).

Fonte: codigocero.com

Distribuir contido