Novas sectoriais

Así o afirmou Raimon Dalmau (SEM) na xornada "Formas disruptivas de innovar en saúde" no marco do V Foro de Asociados Colaboradores de la Unió e organizado por Programa Partners.

Fonte: immedicohospitalario.es

Ourense vai dar acollida os días vindeiros a un evento de alcance transfronteirizo sobre as posibilidades para as nosas empresas, profesionais e entidades que ofrecen os vehículos aéreos non tripulados. A primeira edición do Congreso Internacional de Drons (DIC Galicia 2017) celebrarase entre o 31 de marzo e o 2 de abril no Pazo dos Deportes Paco Paz e en Expourense. Organizan a Deputación de Ourense e a Asociación Galega de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións (AETG). Nas súas palabras, “serán tres días para xuntar técnicos, empresarios e seareiros destas tecnoloxías, que analizarán os últimos avances no sector, as aplicacións nos servizos, as liñas de investigación e as diferentes oportunidades de emprego e negocio que ofrecen os drons”.

Fonte: codigocero.com

Como “unha mostra da calidade dos proxectos presentados e do compromiso da nosa universidade e as nosas investigadoras e investigadores coa transferencias do coñecemento, a xeración de riqueza e o desenvolvemento de resultados de investigación con potencia de explotación comercial”, valora a vicerreitora de Investigación da Universidade de Vigo, Asunción Longo, a selección de tres iniciativas da institución académica viguesa entre as sete elixidas na 2ª fase da primeira edición do Programa Ignicia.

Fonte: duvi.uvigo.es

O vindeiro venres a Facultade de Dereito da Universidade da Coruña vai acoller unha xornada na que analizaranse as conexións existentes entre dereito e tecnoloxía e explorar os seus lindes a través da reflexión de varios profesionais, así como a loitar contra o risco que supón a desinformación sobre as implicacións legais do mundo 2.0 nas nosas vidas persoais e profesionais.

Fonte: codigocero.com

A Cidade da Cultura acollerá o 23 e 24 de marzo o II Encontro de Cooperación para o Desenvolvemento da Administración Electrónica: Un compromiso conxunto cara aos cidadáns, unha proposta organizada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e o Consello Superior de Letrados e avogados de Comunidades Autónomas.

Fonte: codigocero.com

O IGAPE e a AMTEGA veñen de activar a segunda convocatoria do ano 2017 para a solicitude dos servizos do programa ReAcciona TIC, que permanecerá aberta ata o vindeiro 31 de maio, coa finalidade de dar a coñecer as vantaxes que esta iniciativa pode achegarlles ás PEME. Ambas entidades están a organizar un ciclo de xornadas sectoriais que comeza o próximo 15 de marzo, nas instalacións do Auditorio Emilia Pardo Bazán, en Sanxenxo, cun evento sobre A dixitalización do turismo e os seus desafíos.

Fonte: codigocero.com

Hisdesat alcanzou un acordo coa compañía norteamericana SpaceX para que o seu lanzador Falcón 9 sexa o encargado de colocar en órbita o primeiro satélite español de observación radar a finais de 2017.

Fonte: fly-news.es

Zero 2 Infinity, a empresa española especializada en sistemas de transporte espacial, levou a cabo con éxito o lanzamento do seu primeiro foguete desde o bordo do espazo o pasado 1 de marzo.

Fonte: actualidadaeroespacial.com

O  50% dos galegos con idades comprendidas entre os 55 e os 64 anos utilizaron Internet nos últimos tres meses, fronte a un 29,4% que afirmaron utilizalo no ano 2012. No tramo de idade dos 65 aos 74 anos o uso de internet tamén crece e sitúase no 21%. Son datos que publica hoxe o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), dentro do estudo “Os Maiores e as TIC”.

Fonte: amtega.xunta.gal

“Hai catro anos, na segunda toma de posesión de Obama, a televisión seguía a ser o medio dominante, mentres que na toma de posesión de Trump, o tema central era a loita entre Facebook e Twitter por retransmitir o acontecemento vía streaming”. Con esta situación exemplifica o profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Xosé Rúas os efectos que as novas tecnoloxías e as redes sociais dixitais están a ter no panorama mediático.

Fonte: duvi.uvigo.es

Distribuir contido