Novas sectoriais

En 2015, cando Eduardo Santos Pérez só tiña 15 anos, construíu con materiais totalmente reciclados unha réplica de R2D2, o compañeiro droide de Luke Skywalker na saga de películas da Guerra das Galaxias. Xunto co seu pai, Eduardo Santos Baldomir, este rapaz de Cambre forma parte de Echo Base 28th Elite Forces, unha asociación que dende o ano pasado vén desenvolvendo diferentes actividades que rodean o universo Star Wars. Unha das estrelas das súas actividades é o robot R2D2, que nos últimos dous anos percorreu escolas, institutos, hospitais e feiras tecnolóxicas por toda Galicia.

Fonte: duvi.uvigo.gal

O salón FITUR que se está a desenvolver en Madrid constitúe unha xanela ao turismo pero, tamén, á innovación de vangarda ligada ao turismo. Un exemplo disto é a solución faceIDNN do Centro Tecnolóxico Gradiant, unha tecnoloxía biométrica cunha completa listaxe de posibilidades para facilitar a operativa dos viaxeiros e dos lugares que acollen os viaxeiros. Por que motivo? Pois porque, entre outras cousas, permite que un establecemento hoteleiro saiba que un cliente é quen di ser (sen a marxe de dúbida e intuición existente nos procedementos tradicionais) só con comparar a súa faciana coa fotografía do DNI, carné de conducir ou pasaporte. A eficacia da solución baséase nas técnicas de recoñecemento facial desenvolvidas por Gradiant, que comproban en tempo real se dúas imaxes pertencen á mesma persoa.

Fonte: codigocero.com

A asociación Ineo, a referencial alianza de empresas galegas de novas tecnoloxías, ten novo presidente. Trátase de Carlos Abal, que substitúe no seu cargo a Giovanni Giardina, o principal responsábel da entidade dende outubro de 2016. Segundo fixo saber Giardina sobre o peche da súa andaina á fronte de Ineo, o seu labor á fronte da entidade tiña dende a súa orixe unha natureza temporal, de tempo limitado, xa que o seu obxectivo foi o de impulsar a presidencia rotativa dentro da xunta directiva, “para así garantir a esencia participativa e colaborativa que rexe a entidade”. Por este motivo, Giardina non se desvincula da directiva senón que seguirá nela como secretario-tesoureiro, cedendo o seu cargo (previo acordo unánime dos demais membros da xunta), a Carlos Abal, anterior secretario-tesoureiro.

Fonte: codigocero.com

Fonte: laopinioncoruna.es

Un neno pérdese nunha excursión do colexio, pero os seus pais poden saber ao instante onde está. Un ancián con alzhéimer se desorienta nun monte e non é capaz de regresar á súa casa, pero a súa familia tarda segundos en dar con el. Estas son dous das aplicacións dos novos dispositivos tecnolóxicos que acaban de facer a súa aparición na comarca. «Temos moitas necesidades que podemos cubrir con lestes produtos, e que nos poden achegar tranquilidade e seguridade na vida diaria», destaca Natalia Rubal, socia xunto con Ramón Martínez, Monchi, da tenda Vodafone de Burela, un dos primeiros negocios da Mariña en ofrecer aparellos que permiten conectar persoas e obxectos.

Fonte: lavozdegalicia.es

A Deputación de Ourense vén de impulsar a primeira unidade de drons para situacións de emerxencia do territorio estatal. Esta iniciativa, en palabras dos seus responsábeis “un gran avance para o sector das emerxencias en España”, implicou (entre outras cousas) o fornecemento de formación avanzada para os bombeiros do Consorcio Provincial de Ourense. O adestramento, subministrado pola empresa galega Aerocámaras durante o mes de outubro, permitiulles aos efectivos do Consorcio (Servizo contra Incendios e de Salvamento) obter o título homologado pola Academia Galega de Seguridade Pública así como o certificado oficial de AESA. Todo este proceso formativo e de adaptación traducirase, ante todo, nunhas meirandes efectividade e capacidade de resposta ante todo tipo de emerxencias, como a localización e o rescate de persoas, os lumes forestais e urbanos, o salvamento marítimo ou os accidentes de mercadorías perigosas.

Fonte: codigocero.com

En España, os pacientes con esclerose lateral amiotrófica (ELA) xa son máis de 4.000. Mellorar a comunicación daqueles que sofren esta enfermidade dexenerativa do sistema nervioso que cada ano se diagnostica a 900 pacientes é o obxectivo do grupo ?UMABCI? que, desde fai uns 15 anos leva traballando para avanzar no desenvolvemento de sistemas de tecnoloxía avanzada que se poidan controlar desde o cerebro, dirixidos a persoas que sofren discapacidade.

Fonte: isanidad.com

O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) vai organizar os vindeiros días, do 15 ao 18 de xaneiro, a segunda edición do seu curso sobre Big Data, unha actividade (ao igual cá primeira entrega, celebrada en novembro, aínda que agora cun enfoque máis avanzado) de gran interese para investigadores e profesionais das universidades, centros de investigación e PEME que queiran extraer o máximo partido aos seus grandes volumes de datos.

Fonte: codigocero.com

Fonte: elmundo.es

O Centro Demostrador TIC (CDTIC) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia acolle, o día 19 de decembro, unha xornada de presentación dos programas Asesores Dixitais e Oficinas de Transformación Dixital (https://cdtic.xunta.gal/presentacion-red-es) que se desenvolverá nas súas instalacións de Santiago de Compostela en horario de 16.30 a 18.00 horas.

Fonte: amtega.xunta.gal

Distribuir contido